Contexto e Obxectivos

Entre os sectores asociados á produción alimentaria galega destaca o cárnico, cuxa actividade xera un importante impacto económico no ámbito rural galego. Neste sentido, Galicia conta cunha cabana gandeira distinguida e apreciada polo resultado dunha alimentación de calidade, das melloras en materia xenética, da potenciación das razas autóctonas e da aplicación dos protocolos de sanidade animal existentes.

Porén, o potencial do sector é superior ao que actualmente se está a aproveitar. Con este convencemento, a Consellería do Medio Rural, a través da Agacal, traballa para analizar polo miúdo a situación actual do sector cárnico galego, detectar as súas posibilidades de mellora e establecer unha estratexia que permita suxerir as medidas a adoptar polos distintos axentes para garantir o seu mellor desenvolvemento futuro.

Algunhas cifras...

  • Galicia é a oitava produtora de carne de España (5,46% da produción nacional).
  • Sector productor:

    +60.000

    explotacións

    1.191,86 M€

    valor produción carne e gando

  • A industria cárnica galega (2019):

    +200

    empresas

    +1.400 M€

    cifra de negocios

    +3.500

    postos de emprego

  • Importante impacto económico no ámbito rural galego, representado a produción cárnica o 32,7% do Valor da Produción Final Agraria.
  • O vacún galego supón o 14,11% da produción total nacional (3ª rexión produtora de España).
  • A IXP Ternera Galega ten unha cota do 55% das IXP de carne a nivel estatal e potencial de crecemento.
  • Porcino con forte sector produtor de carácter familiar. Supón o 1,8% da produción española.
  • Sector avícola para carne: 13% da produción nacional (3ª rexión produtora).
  • No sector cunícola, os datos son confidenciais polo baixo número de operadores. Estímase entre 10-30% (Estaría entre as tres primeiras rexións produtoras de España).
  • Caprino e ovino pouco especializado. Porcentaxe menor do 0,5% a nivel nacional (0,2% Ovino e 0,49% caprino).
  • O Equino supón tan só o 0,13% da produción nacional.

Algunhas particularidades...

ASPECTOS POSITIVOS:

Boa imaxe dos produtos
cárnicos galegos

Recoñecemento e
notoriedade de marca a
nivel nacional

Riqueza da razas
autócnonas de aptitude
cárnica

Potencial de
crecemento vinculada a
más base territorial

ALGÚNS ASPECTOS A MELLORAR:

Excesiva atomización do sector industrial:
empresas pequenas e de carácter familiar
con pouca capacidade para vender fóra de
Galicia e baixa innovación

Concentración do poder de
mercado en poucas empresas

Problema de remuda xeracional
nas explotacións cárnicas e
baixa rendibilidade

Escaso peso das IXP no conxunto da
produción cárnica

Mala prensa

Dispersión xeográfica
Dificultade para xestión loxística conxunta.
Dificultade para compartir infraestruturas.

Pódese afirmar que o sector cárnico traballa arreo na mellora dos procesos, instalacións e o manexo, ademais de realizar innovacións na xestión de residuos. Porén, é necesario estudar novos patróns de consumo e como afrontar certas percepcións negativas da sociedade acerca dos métodos da produción e transformación da carne.

Obxectivos

  • Avanzar cara a unha produción sustentable, respectuosa co medio ambiente, que aposte polo benestar animal e que xere riqueza e oportunidades nos espazos rurais.
  • Aumentar o peso das marcas de calidade.
  • Mellorar a imaxe e o recoñecemento social dos produtores e contribuír á remuda xeracional nas explotacións cárnicas.
  • Impulso dos sistema de explotación ligados a protección do medio ambiente (producións extensivas e semiextensivas)
  • Manter ou aumentar a produción e o consumo.
  • Avanzar na promoción da carne galega.
  • Mellorar o nivel de transformación da industria cárnica e na xeración de valor engadido en todos os elos da cadea.
  • Mellorar o ecosistema de investigación, innovación e formación.