O traballo realizarase partindo dunha análise profunda da situación actual de cada un dos subsectores cárnicos, coa recompilación de toda a información necesaria, estudando debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades.
En función dos resultados se planearán con suficiente detalle os obxectivos a acadar, establecendo as liñas de actuación axeitadas, así como os sistemas de seguimento e control pertinentes, que permitan garantir o éxito da estratexia. En todo o caso, o traballo desenvolverase como un proceso participativo no que se implique aos axentes do sector cárnico galego, ás empresas e organizacións relacionadas e á propia sociedade galega.
A recolla das inquedanzas e achegas de todos os axentes da cadea de valor mediante grupos de traballo que terán que:
Mesas de participacipación en formato world café para elaboración do DAFO e a para as mesas de debate propositivas.