Accións de contraste:
1. Workshop de presentación da estratexia preliminar
Axencia Galega de Calidade Alimentaria en Sergude (Boqueixón).
31 de maio de 2022
O obxectivo das xornadas foi presentar a Estratexia preliminar aos axentes que participaron no proceso de elaboración da mesma para coñecer a súa opinión sobre as medidas incluídas en canto á súa viabilidade e orde de prioridade.
Nunha segunda parte da reunión analizáronse polo miúdo as medidas incluídas en cada eixe e recolléronse comentarios, correccións e matices para incluílos durante as accións de axuste da estratexia preliminar.
Ruminantes
- Mesa 1: No eido da produción: eixe 1, “Un sector produtor organizado e profesionalizado” e eixe 6, “Un sector cárnico máis sostible e resiliente”.
- Mesa 2: No eido da industria e cadea de valor: eixe 2, “Unha industria cárnica galega competitiva, líder en calidade impulsada pola tecnoloxía e o talento” e eixe 4, “Unha cadea de valor máis transparente e equilibrada”.
- Mesa 3: No eido dos mercados e consumo: eixe 3, “Uns produtos cárnicos galegos mellor posicionados nos mercados nacionais e internacionais” e eixe 5, “Unha sociedade concienciada coa importancia da produción cárnica galega para o desenvolvemento rural e sobre o valor nutricional da carne”.
Monogástricos
- Mesa 1: No eido da produción: eixe 1, “Un sector produtor, competitivo e rendible que combine as producións extensivas e intensivas” e eixe 6, “Un sector cárnico máis sostible e resiliente”.
- Mesa 2: No eido da industria e cadea de valor: eixe 2, “Unha industria cárnica galega competitiva, impulsada pola tecnoloxía e o talento que garanta a soberanía alimentaria” e eixe 4, “Unha cadea de valor máis transparente e equilibrada”.
- Mesa 3: No eido dos mercados e consumo: eixe 3, “Uns produtos cárnicos galegos mellor posicionados nos mercados nacionais e internacionais” e eixe 5, “Unha sociedade concienciada coa importancia da produción cárnica galega para o desenvolvemento rural e sobre o valor nutricional da carne”.
2. Consulta da ESTRATEXIA PRELIMINAR E RECOLLEITA DE ACHEGAS
Acceda introducindo os seus datos para consultar todas as accións da estratexia e facernos chegar as súas achegas desde o seguinte enlace:
Acceso á estratexia preliminar
3. Análise das achegas e valoracións.
4. Modificación da estratexia preliminar.
5. Presentación pública da estratexia definitiva.