Calendario

Sesión de traballo para o contraste da Estratexia preliminar do Sector Cárnico de Galicia.

Data: 31/05/2022
Lugar: AGACAL. Sergude. Lugar de Quián, s/n – 15881 Boqueixón (La Coruña).

O obxectivo desta xornada é achegar aos axentes participantes as medidas recollidas na estratexia preliminar, para así, coñecer a súa opinión sobre as medidas incluídas en canto á súa factibilidade e orde de prioridade. 
En cada mesa de traballo trataranse dous dos eixos da estratexia:

Ruminantes: 

Mesa 1:  No eido da produción: eixe 1, “Un sector produtor organizado e profesionalizado” e eixe 6, “Un sector cárnico máis sostible e resiliente”.
Mesa 2: No eido da industria e cadea de valor: eixe 2, “Unha industria cárnica galega competitiva, líder en calidade impulsada pola tecnoloxía e o talento” e eixe 4, “Unha cadea de valor máis transparente e equilibrada”.
Mesa 3: No eido dos mercados e consumo: eixe 3, “uns produtos cárnicos galegos mellor posicionados nos mercados nacionais e internacionais” e eixe 5, “unha sociedade concienciada coa importancia da produción cárnica galega para o desenvolvemento rural e sobre o valor nutricional da carne”.

Monogástricos:

A sesión constará de 3 mesas, nas que se tratarán dous eixos estratéxicos en cada unha delas:

Mesa 1: No eido da produción: eixe 1, “Un sector produtor, competitivo e rendible que combine as producións extensivas e intensivas” e eixe 6, “Un sector cárnico máis sostible e resiliente”.
Mesa 2: No eido da industria e cadea de valor: eixe 2, “Unha industria cárnica galega competitiva, impulsada pola tecnoloxía e o talento que garanta a soberanía alimentaria” e eixe 4, “Unha cadea de valor máis transparente e equilibrada”.
Mesa 3: No eido dos mercados e consumo: eixe 3, “uns produtos cárnicos galegos mellor posicionados nos mercados nacionais e internacionais” e eixe 5, “unha sociedade concienciada coa importancia da produción cárnica galega para o desenvolvemento rural e sobre o valor nutricional da carne”.

Axenda

  • 9:45: Recepción dos asistentes.
  • 10:00 – 10:20: Benvida e presentación da metodoloxía a seguir.
  • 10:20 – 11:30: Cuestionario de contraste das medidas elaboradas. 
  • 11:30 – 13:00: Mesas: Posta en común das medidas, e suxestións de contido adicional.
  • 13:00 – 13:30: Presentación dos resultados do contraste.

3ª Sesión participativa para a obtención de propostas

Data: 03/03/2022
Lugar: AGACAL. Sergude. Lugar de Quián, s/n – 15881 Boqueixón (A Coruña).

O obxectivo desta xornada é recoller as propostas do sector para algúns dos problemas detectados, no sector cárnico, na sesión de análise que tivo lugar o día 9 de novembro de 2021.

A sesión constara de 3 mesas coas seguintes temáticas:

  • Na eido da produción: Reorientación produtiva e aumento da base territorial
  • No eido da industria e cadea de valor: Necesidades de I+D+i, formación, asesoramento para industria e produción
  • No eido dos mercados e consumo: As marcas de garantía e IXP como elemento de diferenciación e acceso aos mercados: problemas actuais e modificacións necesarias.

Axenda:

  • 9:45: Recepción dos asistentes.
  • 10:00 – 10:20: Benvida e presentación da metodoloxía a seguir.
  • 10:20 – 12:30: Mesas de dinamización para debater propostas de medidas e accións a incluír na estratexia en distintas temáticas.
  • 12:30 – 13:00: Presentación das conclusións das mesas.
  • 13:00: Peche da xornada.
     

2ª Sesión participativa para a obtención de propostas

Data: 17/02/2022
Lugar: AGACAL. Sergude. Lugar de Quián, s/n – 15881 Boqueixón (A Coruña).

O obxectivo desta xornada é recoller as propostas do sector para algúns dos problemas detectados, no sector cárnico, na sesión de análise que tivo lugar o día 9 de novembro de 2021.

A sesión constara de 3 mesas coas seguintes temáticas:

  • Na eido da produción: Aspectos medioambientais, sostibilidade das producións e benestar animal
  • No eido da industria e cadea de valor: Novos produtos e xeración de valor na cadea 
  • No eido dos mercados e consumo: Acceso a mercados exteriores e novos nichos de mercado

Axenda

  • 9:45: Recepción dos asistentes.
  • 10:00 – 10:20: Benvida e presentación da metodoloxía a seguir.
  • 10:20 – 12:30: Mesas de dinamización para debater propostas de medidas e accións a incluír na estratexia en distintas temáticas.
  • 12:30 – 13:00: Presentación das conclusións das mesas.
  • 13:00: Peche da xornada.

1ª Sesión participativa para a obtención de propostas

Data: 27/01/2022
Lugar: AGACAL. Sergude. Lugar de Quián, s/n – 15881 Boqueixón (A Coruña).

O obxectivo desta xornada é recoller as propostas do sector para algúns dos problemas detectados, no sector cárnico, na sesión de análise que tivo lugar o día 9 de novembro de 2021. A sesión constara de 3 mesas coas seguintes temáticas:

  • Na eido da produción: Remuda xeracional.
  • No eido da industria e cadea de valor: Interlocución produción-industria-distribución.
  • No eido dos mercados e consumo: Promoción de produtos cárnicos e sensibilización da sociedade sobre a importancia do sector cárnico.

Axenda: 

  • 9:45: Recepción dos asistentes.
  • 10:00 – 10:20: Benvida e presentación da metodoloxía a seguir.
  • 10:20 – 12:30: Mesas de dinamización para debater propostas de medidas e accións a incluír na estratexia en distintas temáticas.
  • 12:30 – 13:00: Presentación das conclusións das mesas.
  • 13:00: Peche da xornada.
     

1ª Reunión da Estratexia de dinamización do sector cárnico galego. Análise DAFO.

Data: 09/11/2021
Lugar: AGACAL. Sergude. Lugar de Quián, s/n; Boqueixón - A Coruña.

Nesta primeira reunión de traballo, os axentes invitados analizarán polo miudo a situación actual do sector cárnico de Galicia, detectando os factores negativos (ameazas e e debilidades)  que condicionan o desenvolvemento dos diferentes elos da cadea cárnica,  as súas posibilidades de mellora en base as oportunidades e fortalezsa, e que serán as bases para a posterior definición de medidas e accións da estratexia.

Axenda:

  • 9:45.- Recepción dos asistentes
  • 10:00-10:20.- Benvida e presentación da metodoloxía a seguir.
  • 10:20-10:45.- Cuestionario.
  • 10:45-12:30.- Mesas de participación para a aproximación ao diagnóstico do sector cárnico.
  • 12:30-13:00.- Presentación das conclusións das mesas.
  • 13:00.- Peche da xornada.